¿Quen somos?

 

Somos unha organización asemblearia formada por veciñas e veciños da Pobra do Caramiñal, que fundamenta a súa acción política na participación veciñal e pretende implicar á cidadanía na toma de decisións. A defensa do interese público é prioritario para nós, e non entendemos a política sen honradez, sen a igualdade de oportunidades para todas e todos, sen respectar por igual os dereitos de todas as persoas.

Somos unha asemblea aberta, que procura o maior respaldo social posible, que ten en conta a todos os movementos sociais e ás entidades de todo tipo do noso concello. Facemos do noso plenario o máximo órgano de dirección, a democracia interna é máxima, cada membro conta como calquer outro, sen isto non tería sentido o noso proxecto.

Existimos por e para a Pobra, para a súa xente, para facela unha vila idónea para traballar nela, para gozar dela, para vivir nela.

O pase de diapositivas require JavaScript.