Evolución das obras das futuras dependencias de servizos sociais e igualdade♀️.

Previsiblemente, quedará totalmente acondicionado en próximas datas e abrirá as súas portas á veciñanza da Pobra no mes de febreiro.
O local conta cunha superficie útil de 191’25 metros cadrados, divididos en varios espazos: vestíbulo, recepción, dous aseos, almacén, seis despachos, zona de espera e sala de reunións. Ademais, será accesible ♿e contará con entrada pola praza da Constitución.

📌 Grazas a esta medida:

– A veciñanza redundará nunha mellor atención, especialmente nesta situación derivada da COVID-19.
-O traslado liberará espazo no Centro de Atención Integral á Discapacidade, posibilitando que as persoas usuarias do centro ocupacional pasen de recibir atención en liña (online) a que esta sexa presencial.
-A proximidade facilitará a veciñanza no momento de realizar trámites, ademais de facilita-la interacción con outras áreas da Administración local.


O importe ascende a 44.562’75 € , IVE incluído, con cargo aos orzamentos municipais.

Nós Pobra dende a concellería de igualdade dá os primeiros pasos para a creación dun protocolo de violencia de xénero.


Esta mañá tiña lugar a primeira das xuntanzas para a posta en marcha na nosa vila do protocolo de violencia de xénero. A iniciativa parte da concellería de Igualdade, que para poder desenvolvela, contratou os servizos da empresa Senes.

O auditorio do museo Valle-Inclán acollía esta mañá a primeira das xuntanzas organizadas polo Concello para a posta en marcha dun protocolo de actuación ante posibles casos de violencia de xénero. A intención pasa por involucrar a toda a sociedade da Pobra, de aí que a esta primeira reunión foran convidados diferentes sectores.

Desde Nós Pobra queremos expresar a nosa gran preocupación pola situación en que se atopa o IES da Pobra.

Polas fotos que se adxuntan, pódese apreciar o seu abandono desde fai moito tempo, apreciándose unha cantidade inxente de vexetación descontrolada que invade o patio interior do centro e o seu perímetro. Como se pode ver a vexetación chega ata a parte alta das ventanas e cólase a través dos barrotes dalgunhas das ventanas da parte inferior. Tamén a situación e preocupante en tódalas zonas verdes do centro, como se pode apreciar.

Non nos parece esta a mellor forma para garantir a boa formación dos alumnos/as do centro onde ademais pódese estar xerando situacións de perigo para a integridade física tanto dos docentes como do alumnado. A imaxe de total abandono é evidente.

A pesares de ter enviado o centro e a ANPA dous escritos á Xefatura Territorial da Consellería de Educación onde entre outros se solicitaba o arranxo desta situación, por parte deste organismo non se tivo resposta ó respecto ata o momento. Por outra banda a pesares de que coñecemos que a competencia do mantemento deste recinto escolar pertence a Consellería de Cultura, Educación e O.U., e máis concretamente á Xefatura Territorial de A Coruña, consideramos que a decisión do Goberno de A Pobra de usar fondos propios para arranxar este grave problema foi unha decisión acertada, á vista da situación actual.

Confiamos en que as diversas agrupacións políticas que se negaron a este feito recapaciten e decidan apoiar esta iniciativa sen que esto non conleve unha solicitude formal por parte do Goberno Municipal do seu arranxo urxente dirixido á Xefatura Territorial de A Coruña.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Marchas da Dignidade

Nós Pobra apoia ás Marchas da Dignidade.

Éstas naceron na busca da confluencia, de xuntar as forzas de movementos socias, sindicatos, partidos políticos e unha gran parte da cidadanía con obxetivos comúns: ‘Pan, traballo e teito’ entre outros moitos.
As Marchas da Dignidade, conseguiron reunir en multitudinarias manifestacións a centos de organizacións para mostrar a disconformidade de gran parte da poboación.
Nós Pobra traballa pola unión e a confluencia dende a rúa ata as institucións; por isto, animamos a todas a acudir a Santiago de Compostela para reivindicar os nosos dereitos e para loitar contra esta situación de inxustiza ocasionada e promovida polo poder económico e actual Goberno do Estado.


As Marchas da Dignidade nunca se foron e o 24 de outubro ás 12:00 volverán para encher o Obradoiro.

Enlace ó evento en Facebook

Nós Pobra tamén imos.

‪#‎Obradoiro24O‬

¡Boas a tod@s!

Dende Nós Pobra apoiamos a participación dos nosos veciños na acción política do noso concello, por elo convidámosvos a tod@s este xoves ao PLENO en sesión ordinaria que se celebrará as 21:00 horas na casa do concello. Non faltes, esperámosche.

Orden do día:

Unete, participa, decide.

Boas a tod@s.

Comezamos unha Nova andaina no Facebook e na web co fin de impulsar a relación que como agrupación debemos manter con todos vós.

Como primeira premisa queremos que vos animedes a participar activamente nas asembleas, para Nós é o mais importante. Son nas asembleas onde se discuten e se aproban gran parte das accións que como agrupación facemos, por riba temos a sorte de ter un goberno que tentará facelas realidade e iso transformará o día a día do noso pobo.

Queremos que teñades claro que a vosa voz sempre vai ser escoitada e por fin a xente da rúa, coma ti e coma min, vai poder decidir o camiño polo que imos andar. Despois de conseguir o mais difícil non te quedes calado, aquí o teu voto si decide. Vos necesitamos porque entre tod@s agora vamos a ser quen de cambiar cousas, e tí seguro que tamén podes.

Unete, participa, decide.

Próxima asemblea o día 1 de outubro no local de Nós Pobra sito nos pisos de Escurís (ao lado da clínica de Castillo) as 20:30 h.

¡Esperámosvos!